Entrada
1
Saída
0
Son
estudante de décimo curso de Educación Social. Calculeino o venres
vendo a data da tumba de meu abó. Estou facendo o
Prácticum II, as miñas
terceiras
prácticas da carreira. As de primeiro de grao as convalidei e as de
primeiro de diplomatura as deixei caer, coma a xente na faia
de San Andrés (La falla de San Andrés – Kevin Johansen).
Como
poderedes intuir vivo nun mundo paralelo onde atopar a saída da
universidade resulta algo complicado. E non porque me enlee coma un
micho seguindo o ovillo da carreira universitaria (que non ten fin
salvo a morte), se non por cuestión da gravidade: aquí na miña
realidade paralela é difícil dar un paso en canto entras no campo
de forza do Campus de Elviña. O tempo se distorsiona e os movementos
se relentizan. Ves pasar os días cos seus apoteósicos solpores
sobre a cidade coma se foran horas.
Na
miña realidade paralela acontecen cousas peculiares. Fora dela a
vida flúe e a xente avanza polos meandros da vida. De cando en vez
arrívan de novo á miña illa convertidas en personaxes
inverosímiles, provistas de artiluxios e habilididades
sorprendentes. Hai dous anos unha compañeira de pupitre na escola
convertiuse na miña profesora!
O
ano pasado, Sara, unha colega da miña primeira promoción de
Educación Social chegou do seu exilio en Valencia cun artiluxio do
máis desconcertante e descoñecido na facultade: unha Sociedade
Civil. Si, unha empresa con todas as letras e todos os impostos que
busca sacar rendabilidade do exercicio da Educación Social. Xa!, é
raro. E aínda volo vai parecer máis cando vos diga que Sinerxias,
que así se chama, está especializada na temática de xénero e
coeducación. A única explicación é que Sara e a súa socia,
Melisa, viven na súa propia realidade paralela na que a xente paga
polo feminismo.
Sara
é unha desas persoas entusiastas, con don de xentes que precisa
estar rodeada doutras persoas para vivir. Se non murcha coma unha
begonia mal transplantada. Co seu joie de vivre atopa nas
demáis cualidades descoñecidas e convence a todo o seu entorno da
súa evidencia. No meu caso o meu traballo como animadora-porteira de
museo derivou en guía oficiosa de canto grupo ou amizade visita a
cidade. De aquí, unha carambola máxica converteume en "experta
na historia da Coruña". Que opinaría Felipe Senén ou María
del Carmen Saavedra do tema?
Quen
si ten verdadeiro pedigrí histórico é Melisa, a outra perna de
Sinerxias. Antes de ser especialista en cuestións de xénero xa era
unha historiadora especializada nas mulleres da Idade Moderna (ou eso
teño entendido). E como quieta non parece que esté nunca, creou xa
hai anos un negocio como guia de rutas teatralizadas polo casco
antigo de Sagunt.
Á
súa chegada á Coruña, Sara surfeaba as olas da soidade coa súa
socia a centos de kilómetros, buscando xente e proxectos. Entón
comezou a facer o que fai sempre, agarrou estes cabos e comezou a
tecer: presentounos a Melisa e máis a min; uniuse o enfoque de
xénero, a interpretación do patrimonio e a historia da Coruña e
nunha tarde de setembro xurdíu Coruña Brava, un proxecto de
visibilización da historia das mulleres coruñesas.
Ah!,
que bonito! Pero e as túas prácticas, Ines? Este é un diario de
prácticas, recordas? Ben, en realidade, estas son as miñas
prácticas. Desenvolver un proxecto esixe tempo. O ano pasado
estudos, traballo e manutención axudáronme a atopar todas as trabas
necesarias para deixalo aparcado. Este, pola contra, estiven avispada
e convencín a Sara para que me acollese baixo a súa á sinérxica
como "rapaza de prácticas". Unificados estudos e proxecto,
agora conto con 7 marabillosas horas díarias para recompilar e
procesar toda a información necesaria para dar forma a Coruña
Brava.
E así, de novo acontecen cousas peculiares no meu universo paralelo. Outra compañeira de pupitre, desta volta da universidade, se convirte na miña titora de Prácticum II.
E así, de novo acontecen cousas peculiares no meu universo paralelo. Outra compañeira de pupitre, desta volta da universidade, se convirte na miña titora de Prácticum II.